Pontevedra sobe sobre dúas rodas para animar a queimar graxa, non gasolina

Pontevedra
28 de xuño 2013

Decenas de pontevedreses sumáronse na noite deste xoves á pedalada nocturna organizada polo colectivo Masa Crítica con dous fins que todo indica que se cumpriron, polo menos, entre os participantes: fomentar o uso da bicicleta e impulsar a súa boa práctica

Decenas de pontevedreses sumáronse na noite deste xoves á pedalada nocturna organizada polo colectivo Masa Crítica Pontevedra con dous fins que todo indica que se cumpriron, polo menos, entre os participantes: fomentar o uso da bicicleta e impulsar a súa boa práctica.

A cita foi ás 21.00 hora na praza da Peregrina co lema 'Quema grasa, no gasolina' e repetirase o último xoves de cada mes para lograr unha concenciación sobre aspectos da práctica da bicicleta como circular sempre pola calzada e evitar as beirarrúas.

O colectivo instalou previamente un punto de información na Peregrina e a partir das 21.00 horas a cita levounos a dar un paseo pola cidade e, máis tarde, a dar o salto a fóra da zona urbana cunha ruta nocturna coa colaboración da Policía Local.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora