Pontevedra ten 82.946 habitantes segundo o último padrón oficial

Pontevedra
23 de decembro 2014

O Instituto Nacional de Estatística (INE) fixo público este luns o padrón oficial de municipios. Tamén crecen en poboación os municipios de Poio (16.794), Vilaboa (5.972) e Cuntis (4.931). O descenso é xeral na maior parte dos concellos, pero unha das caídas demográficas máis acusadas sófrea o concello de Caldas de Reis que baixa dos 10.000 habitantes polo que o INE certificou o descenso de categoría electoral

Vista aérea da cidade de Pontevedra
Vista aérea da cidade de Pontevedra /

O Instituto Nacional de Estatística (INE) fixo público este luns o padrón oficial de municipios que estará vixente dende o próximo 31 de decembro, no caso de Pontevedra constata un incremento de doce habitantes, para sumar 82.946.

Tamén crecen en poboación os municipios de Poio (16.794), Vilaboa (5.972) e Cuntis (4.931).

O descenso é xeral na maior parte dos concellos, pero unha das caídas demográficas máis acusadas sófrea o concello de Caldas de Reis que baixa dos 10.000 habitantes polo que o INE certificou o descenso de categoría electoral polo que a corporación local perde catro edís, é dicir, os caldenses terán que elixir trece concelleiros, en lugar dos 17 actuais.

O Instituto Nacional de Estatística fixa en 2.748.695 as persoas que vivían en Galicia a 1 de xaneiro do 2014. Por provincias, a de Pontevedra perdeu 4.131 habitantes.