O arquitecto pontevedrés Manuel Bouzas Barcala foi seleccionado entre o cinco finalistas do Premio Arte 2025 da Fundación Princesa de Xirona.
O Premio Princesa de Xirona Arte premia a mozas e mozos que traballan en calquera disciplina das artes e as letras (cine, teatro, danza, gastronomía, música, fotografía, pintura, vídeo, arquitectura, moda, escultura, literatura, deseño e outras manifestacións artísticas).
Manuel Bouzas Barcala (Pontevedra, 1993) é arquitecto, docente e comisario e a súa traxectoria combina o deseño, a ecoloxía e a sustentabilidade na arquitectura contemporánea.
Desde o seu propio estudo, MB·AE, desenvolve proxectos que integran materiais renovables e de proximidade, colaborando con institucións de prestixio como o Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana, a Vila Medici - Academia de Francia en Roma e a firma CHANEL.
O seu enfoque na arquitectura sostible e a rexeneración urbana levoulle a construír en cidades como Valencia, Palma de Mallorca, Roma e Venecia.
Recoñecido pola súa capacidade innovadora, foi seleccionado como comisario do Pavillón de España na 19ª Bienal de Arquitectura de Venecia 2025, onde presentará o laboratorio de investigación Internalities, centrado na descarbonización do sector.
Como docente nas Universidades de Cornell e Harvard, combina o ensino coa produción de coñecemento, impulsando novas formas de entender a arquitectura como unha ferramenta crave para o equilibrio ecolóxico e social.
O cinco candidatos finalistas da categoría Arte presentarán os seus proxectos ante un xurado de expertos vinculados ao ámbito cultural que valora o carácter creativo, único e orixinal da persoa candidata.
O gañador anunciarase no marco o Tour do talento 2025 en Almería, que comezará o luns 10 de marzo e estenderase durante unha semana.
Este galardón está dotado con 20.000 euros e recoñecido coa entrega da reprodución dunha obra do artista contemporáneo Juan Zamora (Premio Princesa de Xirona Arte 2017).