Ponteverán pecha 2024 cubrindo máis do 80% das 600 prazas ofertadas

Pontevedra
15 de setembro 2024

O programa da concellaría de Xuventude para os mozos e mozas de Pontevedra durante os meses de xullo e agosto volveu a contar cunha ampla participación

Actividade de Ponteverán 2024
Actividade de Ponteverán 2024 / Concello de Pontevedra

Ponteverán, o programa impulsado pola concellería de Xuventude durante os meses de xullo e agosto, volveu a contar cunha notable participación.

Segundo as cifras de inscrición e participación facilitadas polo Concello, Ponteverán 2024 ofertou 609 prazas en diferentes actividades, recibindo 902 pre-inscricións e confirmándose finalmente 591. 

A asistencia final foi do 82% de prazas cubertas.

En total o programa municipal para a mocidade pontevedresa ofertou 21 actividades, das cales en 13 foi necesario realizar un sorteo ante a cantidade de solicitudes recibidas.

A máis numerosa de todas as actividades foi unha xornada de orientación nocturna no centro histórico no que participaron 127 mozos e mozas.