A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Ana Pontón, trasladou toda a solidariedade e apoio ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, "ante a campaña de acoso que está soportando unicamente por dicir que ENCE ten que saír da Ría de Pontevedra".
Ana Pontón destacou que "as ameazas e as agresións non son tolerables nunha democracia e, polo tanto, a miña firme condena aos actos que se produciron esta mañá no concello pontevedrés".
A portavoz do BNG responsabiliza ao PP e ao seu presidente en Galicia, Alberto Núñez Feijóo a quen lle pide "que poña freo a esa campaña".
"Agardo que o señor Feixóo non deixe pasar nin un minuto máis para condenar uns feitos que son graves pero, sobre todo, agardo que non deixe pasar nin un minuto máis en frear unha campaña que xa sobrepasou todas as liñas vermellas dunha democracia", dixo Pontón.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.