Por primeira vez, Tráfico leva a cabo unha campaña de vixilancia en tramos de obras

Pontevedra
26 de outubro 2022

En 2020 producíronse en España 163 accidentes relacionados con traballos de mantemento na estrada, 24 deles a operarios que traballaban na calzada, con resultado de 4 falecidos. En 2021 foron 158 accidentes e 2 operarios falecidos

Control de tráfico da Garda Civil
Control de tráfico da Garda Civil / Mónica Patxot

Desde este 24 de outubro e ata o venres 30, a Dirección Xeral de Tráfico e a Agrupación de Tráfico da Garda Civil están a levar a cabo unha campaña de vixilancia con especial atención nas zonas en obras nas vías interurbanas de circulación. É a primeira vez que se aborda esa temática.

A conservación das estradas obriga a realizar obras cada certo tempo, tanto renovacións do pavimento como actuacións de menor calado tales como podas, rozas, substitución de sinais, etc… Esas tarefas realízanse afectando á circulación o mínimo posible, o que implica que moitas veces os operarios que as executan teñen que traballar a escasos metros de distancia de carrís abertos ao tráfico, polos que circulan vehículos a gran velocidade.

Ningunha persoa debería morrer nin correr riscos innecesarios no seu posto de traballo, con esa idea os axentes de Tráfico controlarán distraccións, velocidade e adiantamentos perigosos nestes tramos en obras.

En 2020 producíronse en España 163 accidentes relacionados con traballos de mantemento na estrada, 24 deles a operarios que traballaban na calzada, con resultado de 4 falecidos. En 2021 foron 158 accidentes e 2 operarios falecidos.