É unha das tradicións da noite de San Xoán, e en Poio, Marín ou Caldas de Reis levárono á máxima expresión.
'Por San Xoán, a sardiña molla o pan', di o refrán, e por iso se organizaron sardiñadas populares para centos de veciños.
En Poio, no medio das súas festas patronais, despacháronse centos de quilos de sardiñas desde as 21.30 horas na zona da Seca, nunha xornada que contaba con verbena e por suposto, coa tradicional fogueira.
Tamén repetiuse a imaxe en Cantodarea en Marín, o en Caldas de Reis que organizaba unha sardiñada para os seus veciños na contorna do río Bermaña, con ata 1.000 racións para repartir.
Eran dúas das citas máis multitudinarias das previstas, pero non as únicas, xa que moitos particulares cumpriron coa mesma tradición asando sardiñas e gozando dun bo 'pan de millo'.