Portas abertas no Centro Sur

Pontevedra
27 de setembro 2015

Sete entidades teñen actualmente a súa sede nestas instalacións

Xornada de portas abertas no Centro Sur
Xornada de portas abertas no Centro Sur

As asociacións de veciños Amigos de Campolongo e Salcedo Norte, a Coral Polifónica e o Coro de Maiores, a Sociedade Galega de Antropoloxía, o Cine Club e o Fondo Galego de Cooperación, son os "inquilinos" do Centro Sur.

Este sábado desenvolveuse unha xornada de "portas abertas" para que todos aqueles veciños de Pontevedra que quixesen puidesen coñecer as instalacións e as actividades que teñen acollida neste renovado espazo.

Así o Centro Sur, antiga sede da ONCE en Campolongo, presentou a quen ata alí achegáronse os distintos obradoiros que levan a cabo estas entidades, houbo mesmo actuación musical por parte das dúas agrupacións corais.