Portonovo cítase en setembro coa Concentración Mototurística Internacional Rías Baixas

Sanxenxo
04 de xuño 2024

O presidente do colectivo, Sergio Prol, destacou a "calidade da cita que é unha das máis antigas e con máis historia de Galicia e España"

Presentación da concentración moteira
Presentación da concentración moteira / Concello de Sanxenxo

A Concentración Mototurística Internacional Rías Baixas cumprirá este ano a súa trixésimo sexta edición. 

O alcalde, Telmo Martín, e o concelleiro de Deportes, Marcos Guisasola, acompañaron este martes á organización na presentación do cartel da cita que se celebrará o 6, 7 e 8 de setembro en Baltar.

O presidente do colectivo, Sergio Prol, destacou a "calidade da cita que é unha das máis antigas e con máis historia de Galicia e España". Na mesma liña, incidiu en que se trata de recuperar "a festa da moto en Portonovo e darlle continuidade".

A organización conta agora con caras novas como que tal e como indicou o presidente "veñen achegar novas ideas e novos aires".

O cartel desta edición é unha foto de Damián Castro na que se pode ver en primeiro plano un motorista en Silgar mirando cara a Portonovo nunha imaxe nocturna do municipio. Respecto a a participación prevese superar os 15.000 participantes de edicións anteriores.

O alcalde, Telmo Martín, destacou "as gañas que percibo no Motoclub en recuperar o evento e os novos integrantes que veñen con moitas ideas novas".

Na mesma liña, asegurou que o Concello vai realizar un esforzo importante para apoiar esta cita. "Estou convencido que de vai ser un éxito este ano e que se van a bater todas as previsións de edicións anteriores", dixo o alcalde.