As nenas e os nenos que este venres paseaban por Pontevedra trataron de emular a Hércules para derrotar á Hidra.
Na mitoloxía grega, a Hidra de Lerna era un antigo e desapiadado monstro acuático con forma de serpe de varias cabezas.
Onte o deus Poseidón paseou á Hidra polas rúas da Boa Vila grazas á creatividade de Pablo Méndez e a súa espectacular performance.
Pontevedra lembrou esta posta en escena que xa se puido ver na última Batalla de Flores, hai dous anos.
Ao monstro, de tres cabezas e 20 metros de longo, déronlle vida oito artistas que causaron a admiración de quen se topou coa Hidra pola praza de España, Michelena, Gutiérrez Mellado, Praza da Peregrina ou Curros Enríquez.
A programación do teatro de rúa ha incluído as propostas de compañías como El Sidral, Barafunda, Rivel, Troula e La Fiesta Escénica, esta última sairá este sábado novamente pola cidade do Lérez.