Posta a punto dos xogos do Parque Eguren

Marín
10 de maio 2021

Desde o Concello de Marín apelan á responsabilidade no uso do parque infantil, que ten un límite de idade nos xogos de até 14 anos, xa que persoas máis adultas forzan os elementos, que provocan maiores desgastes e roturas non previstas

Rede reparada no Parque Eguren
Rede reparada no Parque Eguren / Concello de Marín

O Parque Eguren foi obxecto estes días dunha serie de reparacións. Entre elas, a reposición de pezas tipo T para o enganche da ponte en rede, o soldado de pezas no tobogán, co reforzo das suxeccións e outras tarefas de mantemento.

Desde o Concello de Marín apelan á responsabilidade no uso do parque infantil, que ten un límite de idade nos xogos de ata 14 anos, xa que persoas máis adultas forzan os elementos, que provocan maiores desgastes e roturas non previstas.

ROZA EN PORTOCELO

Por outra banda, nos últimos días estiveron a realizarse traballos de roza no noiro de Portocelo, para que esta zona estea en perfecto estado de cara, sobre todo, á estación do verán, cando aumenta a afluencia de xente ás praias e ao vial.