O Concello de Cerdedo-Cotobade afronta a segunda actuación do Pacto pola Paisaxe cun proxecto de recuperación da Capela de San Salvador, a fonte-lavadoiro e o muíño fariñeiro de Cabenca.
Este proxecto contará un investimento total próximo aos 50.000 euros e xa dispón de todas as autorizacións necesarias de Patrimonio e de Augas de Galicia.
Esta actuación ten como protagonista a recuperación medioambiental e posta en valor da ruta entre Cabenca e Cavadosa, no territorio de Cerdedo, que discorre polas ribeiras do Río Seixo, na aba occidental da Serra do Cando, delimitada polo Catálogo das Paisaxes de Galicia.
Outro dos obxectivos é a posta en funcionamento do muíño para os seus cometidos orixinarios, é dicir, para a serra e a moenda.