Posta a punto nos colexios de Sanxenxo antes do inicio do curso escolar

Sanxenxo
29 de agosto 2025

O Concello de Sanxenxo e a Xunta de Galicia Concello e Xunta están a realizar melloras nos centros educativos do municipio

Obras de mantemento en el CEIP Portonovo Concello de Sanxenxo

Os centros escolares de Sanxenxo póñense a punto ante o inmimente inicio de curso.

O Concello e a Xunta de Galciia acometeron nas últimas semanas diversas actuacións de mantemento e mellora nos colexios.

En concreto, segundo sinala o goberno local, no CEIP Portonovo avánzase coas obras da instalación dun ascensor que garantirá a accesibilidade do edificio e que permitiu gañar dúas aulas de gran tamaño para destinala a polos creativos e multiusos. Ademais, tamén se construíu un novo baño adaptado e unha cuberta exterior que comunica a zona de infantil co edificio principal, e estase a habilitar un novo parque e zona de xogos con superficie de caucho. Tamén se realizaron traballos de pintado e actuacións no saneamento.

No CEIP A Florida reparáronse persianas, instalaranse lonas de sombra no parque infantil e substituíuse o porteiro automático do comedor. Aínda non se acometeron, pero comezarán a semana previa ao comezo de curso, as obras de melloras de seguridade viaria que inclúe o ensanche e asfaltado do acceso desde a rúa Ricardo Santos, Poetas Galegos e estrada de Padriñán. O proxecto contempla a creación de prazas de aparcadoiro, a eliminación dunha cuneta e a instalación dun sistema de recollida de augas pluviais.

A maiores está a piques de concluír a habilitación do novo acceso pola Rúa Miraflores.

Obras nos accesos ao CEIP A FloridaConcello de Sanxenxo

Pola súa banda no CEIP Magaláns procedeuse ao pintado dos edificios e do muro exterior, e no CEIP de Nantes pintáronse os portais da entrada e todo o muro perimetral e está previsto achandar unha parte do patio. Tamén se repararon as portarías.

Por último na Escola Unitaria de Aios realizouse o pintado exterior do edificio, cambiáronse dúas portas e unha xanela.

A concelleira de Educación, Nati Parada, acompañada do edil de Mantemento e Servizos, Yago Torres, realizaron unha visita aos centros educativos coincidindo coa limieza xeral das instalacións previa ao comezo de curso.