A concelleira do Partido Popular de Pontevedra Pepa Pardo acusa o Goberno de España de manter "bloqueado" o proxecto de dragaxe da ría "al no definir un nuevo lugar para depositar los áridos".
Por este motivo, a edil popular considera "una broma de mal gusto" que o PSOE "vuelva a mentir o se equivoque deliberadamente" de administración ao solicitar á Xunta de Galicia que licite a dragaxe do río Lérez.
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico prohibiu desde 2021 a vertedura de áridos no punto exterior de Sálvora, solicitando entón a Portos de Galicia un estudo de alternativas de novas zonas de depósito para poder retomar as dragaxes en todo o litoral galego das rías ao sur de Muros-Noia. Ese estudo con alternativas para novas zonas de depósito de áridos terminouse de enviar o pasado mes de xullo.
O PP de Pontevedra insiste en que "son Pedro Sánchez y Teresa Ribera los que están bloqueando el dragado", ao "dilatar" a decisión de autorizar unha localización alternativa para o depósito de lodos.
Na súa conta na rede social X, antes chamada Twitter, o PP pide a Pedro Sánchez que traia a Pontevedra a "máquina del fango".
Recentemente, Pepa Pardo, na súa condición de senadora, rexistrou unha pregunta escrita no Senado para que a ministra Ribeira informe sobre ese emprazamento definitivo para que o goberno de Alfonso Rueda poida acometer esta actuación.
No orzamento da Xunta está consignada unha partida plurianual de 3.000.000 de euros para a dragaxe do Lérez.
Pepa Pardo afirmou que o PSOE local está "acostumbrado a mentir a los pontevedreses pensando que somos tontos", e animou ao "partido minoritario de Pontevedra" a presionar o Goberno de Sánchez "como único responsable del bloqueo del dragado".
A máquina do lodo é ou que necesita a ría de Pontevedra,
— Partido Popular de Pontevedra (sanchezcastejon ‼️
🔹 Vos orzamentos dáXunta para 2025 reservan 3M€ para ou dragado do Lérez
🆘 Ou Goberno bloquea ou depósito dous áridos desde 2021 e non ofrece solucións
😴 Ou Concello refúxiase en Michelena que fai frío pic.twitter.com/CVaCAeVsJSPP_Pontevedra) November 14, 2024