A praia de Pragueira conta cunha nova pasarela de acceso ao módulo de Salvamento e Socorrismo, cun posto de control e vixilancia integrado.
Esta actuación do Concello de Sanxenxo supuxo un investimento municipal próximo aos 7.000 euros. A pasarela, fabricada con madeira antiescorregadiza, ten dous metros de ancho e 6,3 metros de lonxitude, o que permite un acceso cómodo e seguro á zona de socorrismo.
A iso súmase unha nova torre de vixilancia integrada, deseñada como una pérgola de madeira de piñeiro cun mastro de aceiro inoxidable e unha escaleira do mesmo material, tratada para resistir as exixentes condicións da contorna costeira.
Os traballos do Concello para a posta a piques dos areais continúan tamén na praia de Area de Agra, onde se está executando un novo acceso formado por unha pasarela de dous tramos e unha meseta que permite un xiro de 180 graos.
O trazado discorre en paralelo ao muro de contención existente e contará con soportes pilotados, plataforma e varanda. Esta nova infraestrutura permitirá cumprir coa normativa de accesibilidade vixente, mellorando a entrada ao areal para todos os usuarios.
Estas actuacións súmanse ás melloras realizadas recentemente na praia de Canelas, onde levou a cabo unha renovación integral dos accesos.
Neste caso, substituíuse a antiga pasarela provisional por unha estrutura fixa, lixeiramente elevada sobre a area, deseñada para permitir o avance natural da duna baixo a mesma.
Ademais, solucionáronse os problemas de arrastres provocados pola auga de choiva mediante a instalación dunha grella transversal de recollida de pluviais conectada a un pozo xa existente.
A nova pasarela de Canelas, de 40 metros de lonxitude, conecta o acceso principal coa caseta de baños e servizos.
Inclúe tamén unha rampla desmontable de sete metros cadrados, cuxo material se reservou para futuras reutilizacións, e un sistema de iluminación LED con tiras de 50 centímetros ancoradas a postes de piñeiro, que mellora tanto a seguridade como a estética da contorna durante a noite.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.