Premios para os novos emprendedores

Pontevedra
01 de decembro 2012

  A empresa de Marín O Percebeiro SL, gañou o premio Novo Empresario que foi entregado na cea-gala da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Pontevedra na que tamén se homenaxeu ao veterano armador marinense Manuel Nores

Entrega dos premios Joven empresario de AJE
Entrega dos premios Joven empresario de AJE /

A empresa de Marín O Percebeiro SL, gañou o premio Novo Empresario pola súa páxina web que achega ao cliente, nun prazo máximo de 24 horas, marisco fresco adquirido en lonxa.

O premio foi entregado na cea-gala da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Pontevedra na que tamén se homenaxeu ao veterano armador marinense Manuel Nores.

No caso do Novo Emprendedor, o xurado se decantó pola firma Glass Concept, de Sanxenxo, que patentou e comercializa un vidro magnético proxectable e rotulable.

Ademais a AJE entregou dous accésits. O primeiro (emprego) entregouse a Yatecomeré SL, radicada en Ribadumia, que se adica á venda e distribución de pratos cociñados de comida tradicional galega, envasados ao baleiro e o segundo (innovación) a plataforma en on line de venda de vehículos e recambios, AreaCoches.

A Cea-gala, celebrada no Liceo Casino, contou con numerosas autoridades, entre elas a ministra de Fomento, Ana Pastor; o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores; o presidente da Deputación, Rafael Louzán ou os conselleiros en funcións, Alfonso Rueda (Presidencia), Javier Guerra (Industria) e Elena Muñoz (Facenda).

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora