Prenden lume ao monte de Aguasantas desde tres puntos diferentes

Cerdedo Cotobade
28 de agosto 2022

O lume, que afectaba á zona de Ceraxe, quedou controlado polas brigadas de Medio Rural en apenas unha hora. Pero o rechamante do caso é que, segundo denuncia o alcalde, Jorge Cubela, o incendio foi claramente intencionado. Tentaron que o monte ardese desde tres puntos diferentes

Incendio en Aguasantas
Incendio en Aguasantas / PontevedraViva

A rápida actuación dos medios de extinción de incendios impediu que o incendio detectado este sábado en Aguasantas, en Cerdedo-Cotobade, fora de gravidade.

O lume, que afectaba á zona de Ceraxe, quedou controlado polas brigadas de Medio Rural en apenas unha hora desde que se detectou, ao comezo da xornada.

Pero o rechamante do caso é que, segundo denuncia o alcalde, Jorge Cubela, o incendio foi claramente intencionado. Tentaron que o monte ardese desde tres puntos diferentes.

"Os terroristas que provocan os incendios rematarán no cárcere", advertía o rexedor a través das súas redes sociais.

As autoridades fixeron un chamamento para que calquera persoa que poida ofrecer información que axude a identificar os pirómanos avise á Garda Civil.