Preocupación en Moraña polo aumento de casos positivos por covid-19

Umia
28 de maio 2021

Diante dun novo aumento de casos positivos por covid no concello de Moraña, o xerente da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, José Ramón Gómez e o alcalde José Cela, acordaron realizar outro cribado con PCR entre a poboación do municipio "debido á preocupante situación"

Pavillón municipal de Moraña
Pavillón municipal de Moraña / Concello de Moraña

Diante dun novo aumento de casos positivos por covid no concello de Moraña, o xerente da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, José Ramón Gómez e o alcalde José Cela, acordaron realizar outro cribado con PCR entre a poboación do municipio "debido á preocupante situación".

O obxectivo é detectar o maior número posible de portadores asintomáticos, o que permitirá reducir a cifra de contaxios na localidade.

Este cribado voluntario terá lugar no pabellón municipal de de Moraña durante a mañá do vindeiro domingo 30 de maio para 409 morañeses dentre 30 e 39 anos, así coma durante a mañá e a tarde do vindeiro luns 31 de maio de 2021 para 774 cidadáns dentre 50 a 65 anos desta localidade, todos eles con tarxeta sanitaria asignada no centro de saúde.

Coma é habitual, á dita iniciativa preventiva a administración sanitaria pública galega convocará a estes dous colectivos poboacionais morañeses vía SMS telefónico.

Todas as mostras tomadas con PCR no concello de Moraña procesaránse no servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e os resultados serán comunicados pola área sanitaria de Pontevedra e O Salnés aos usuarios por SMS, sempre que estes sexan negativos.

No caso de resultar positivos, ditas notificacións comunicaránse de xeito individual a cada cidadán.

O alcalde fai un chamamento á veciñanza convocada "é moi importante que asistan á cita, pois este tipo de probas son esenciais para a detección de posibles casos asintomáticos e así frear o avance da enfermidade".