Preocupación entre os veciños de Bora pola autovía A-57

Pontevedra
13 de xaneiro 2017

A deputada nacional Pilar Rojo e o portavoz do PP de Pontevedra, Jacobo Moreira, reuníronse con representantes da Coordinadora de Bora

Obras da autovía A-57 na Fracha Salvemos A Fracha

A deputada nacional Pilar Rojo e o portavoz do PP de Pontevedra, Jacobo Moreira, reuníronse con representantes da coordinadora de Bora.

Coincidindo cos cambios no Ministerio de Fomento, e tendo en conta que comezan a tramitarse os orzamentos xerais, mantiveron un encontro para falar dos tramos pendentes da autovía A-57.

En outubro de 2015 a anterior ministra de Fomento, Ana Pastor, puxo a primeira pedra duns obras que arrancaron varios meses despois.

Agora o ministerio está a completar o pago das expropiacións naqueles casos onde houbo mutuo acordo mentres que seguen pendentes dos tribunais os recursos e preitos xudiciais establecidos por algúns afectados en desacordo coa valoración inicial.

A estas alturas a actividade na Fracha é visible e o Goberno mantén que esta autovía entrará en servizo antes do verán de 2019.

O seguinte será a prolongación deste tramo entre Figueirido (Vilaboa) e A Ermida, en Marcón cara a Xeve e desde aí ata Curro, en Barro para enlazar coa autoestrada AP-9. Iso é o que preocupa a estes veciños de Bora que xa ven as orellas ao lobo.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en