Preparan unha homenaxe ás vítimas do Villa de Pitanxo coincidindo co segundo aniversario do naufraxio

Marín
15 de xaneiro 2024

O acto de homenaxe, organizado polas familias dos 21 mariñeiros falecidos, celebrarase o sábado 17 de febreiro xunto á placa conmemorativa colocada no Paseo Alcalde Blanco de Marín

Inauguración en Marín do monumento en homenaxe ás vítimas do Villa de Pitanxo Mónica Patxot

O próximo 15 de febreiro cumpriranse dous anos do tráxico naufraxio do pesqueiro Villa de Pitanxo, no que faleceron 21 mariñeiros, e o recordo de todos eles segue moi presente.

É por iso que en Marín, porto basee do buque, preparan unha homenaxe coincidindo co segundo aniversario da traxedia.

A data escollida para iso é o sábado 17 de febreiro, xunto á placa conmemorativa colocada no Paseo Alcalde Blanco.

Trátase dunha homenaxe organizada polos familiares das vítimas e que trata de facer honra á frase que figura na placa de recordo: "Siempre con nosotros, aunque sin vosotros".

O emotivo acto dará comezo ás 11.30 horas da mañá.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora