Presentarase Moreira á reelección como xefe local do PP?

Pontevedra
08 de setembro 2017

Moreira asegura que traballa na oposición "con toda la misma ilusión que el primer día" pero evitou aclarar se volverá optar á presidencia local, algo que "se decidirá una vez que se convoque oficialmente el congreso"

Jacobo Moreira, na sede do PP
Jacobo Moreira, na sede do PP / Mónica Patxot

"Anunciaré mi decisión cuando se convoque el congreso", respondeu este xoves Jacobo Moreira ao ser preguntado sobre se se presentará á reelección no congreso local que ha de celebrarse no prazo dun ano para elixir o presidente do Partido Popular en Pontevedra.

Moreira asegura que traballa na oposición "con toda la misma ilusión que el primer día" pero evitou aclarar se volverá optar á presidencia local, algo que "se decidirá una vez que se convoque oficialmente el congreso". 

"Estoy a disposición del partido", engadiu.

Esa cita congresual dos populares de Pontevedra debe celebrarse antes de dez meses. O anterior congreso foi en xullo de 2014. Máis tempo queda ata maio de 2019 cando se celebren as próximas eleccións municipais.

Polo momento ese debate "no toca".