Así presentaron os Bolechas o seu libro sobre os dereitos da infancia no Pazo da Cultura

Pontevedra
20 de novembro 2025
Actualizado: 17:05

Escolares galegos dan voz ás súas propostas no acto central do Día Mundial da Infancia, promovido pola Xunta e a Plataforma de Organizacións da Infancia de Galicia

Os Bolechas coa conselleira Fabiola García
Os Bolechas coa conselleira Fabiola García / Xunta de Galicia

No Pazo da Cultura de Pontevedra celebrouse este xoves o acto central do Día Mundial da Infancia, onde a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, destacou a importancia de escoitar os nenos e nenas.

Tamén quixo poñer en valor o traballo conxunto da Xunta de Galicia coas entidades sociais para protexer os seus dereitos.

Durante o evento, presentado pola Plataforma de Organizacións da Infancia de Galicia (POIG), numerosos estudantes de entre 8 e 12 anos de diversos centros educativos participaron activamente, achegando propostas e reflexións.

Como parte da iniciativa, presentouse o novo exemplar dos Bolechas dedicado aos dereitos dos menores, unha obra elaborada coa colaboración da Xunta e a POIG.

Estes libros serán distribuídos tanto entre entidades sociais como en centros académicos.

Baixo o lema ‘Son, es, somos e temos dereitos’, o acto serviu para reforzar o compromiso institucional coa igualdade, o benestar e a protección dos máis novos.

Escolares poñendo en valor os dereitos da infancia
Escolares poñendo en valor os dereitos da infanciaXunta de Galicia

Tamén convidouse ás familias e ao profesorado a implicarse no coñecemento e exercicio dos dereitos da infancia na vida diaria.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora