Preto de 800 persoas participan no terceiro Xantar Prehistórico de Campo Lameiro

Umia
18 de agosto 2024

A comida popular celebrouse no marco do Festival da Arte Rupestre 'Laeros' organizado polo Concello de Campo Lameiro

Festival da Arte Rupestre 'Laeros' de Campo Lameiro
Festival da Arte Rupestre 'Laeros' de Campo Lameiro / Concello de Campo Lameiro

Terceira edición do Festival da Arte Rupestre 'Laeros', organizado polo Concello de Campo Lameiro.

Ao redor de 800 comensais participaron nunha das citas máis esperadas do festival, o Xantar Prehistórico no que se degustaron 40 costillares de vacún preparados ao espeto.

Recreacións de escenas da Idade do Bronce, nos que participou a asociación leonesa Boquique, e actuacións musicais animaron a xornada celebrada nas instalacións do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre.

Ademais como novidade, a empresa portuguesa Prehistoric Skills presentou un 'Showcooking Prehistórico' para potenciar a vertente gastronómica do evento, preparando pescado en arxila, pan de landra ou carne en lume directo.

A nota musical puxérona 'Cantos da terra' e a Charanga Os Encerellados.

A xornada contou cunha ampla representación institucional, xa que o alcalde Carlos Costa estivo acompañado polo director xeral de Gandeiría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros; a deputada provincial Isabel Couselo; e os alcaldes de Portas, Ricardo Martínez; Ribadumia, David Castro Mougán; de Moraña, Sito Gómez; e de Crecente, Julio García-Luengo.