Prevista a renovación do equipamento do ximnasio do Centro Deportivo Municipal

Marín
04 de setembro 2024

O Concello de Marín vén de iniciar o proceso de licitación para a adquisición de novo equipamento destinado á zona de ximnasio do Centro Deportivo Municipal. Esta renovación, valorada en case 25.000 euros, será posible grazas a unha subvención outorgada pola Deputación de Pontevedra

Centro Deportivo Municipal de Marín
Centro Deportivo Municipal de Marín / Concello de Marín

O Concello de Marín vén de iniciar o proceso de licitación para a adquisición de novo equipamento destinado á zona de ximnasio do Centro Deportivo Municipal. Esta renovación, valorada en case 25.000 euros, será posible grazas a unha subvención outorgada pola Deputación de Pontevedra.

A actualización do material deportivo responde a unha das principais demandas das persoas usuarias da instalación.

Entre o novo equipamento a adquirir figuran:

  • Dúas bicicletas elípticas
  • Unha stair claimber
  • Dúas máquinas de remo
  • Estanterías para mancuernas
  • Soportes para pesas
  • Diversas unidades de pesas de distintos pesos
  • Pratos olímpicos
  • Barras olímpicas normais e hexagonais
  • Xogos de mancuernas
  • Cordas para TRX

As empresas interesadas en participar na licitación dispoñen dun prazo de 5 días hábiles para presentar as súas ofertas a través da Plataforma de Contratación do Sector Público.

Esta mellora súmase á recente renovación da piscina do centro, na que se realizaron obras para solucionar problemas estruturais, principalmente na cuberta e nas filtracións.