Un total de 670 vehículos foron controlados este venres nos dispositivos de seguridade establecidos para velar polo cumprimento do peche perimetral establecido en Pontevedra como consecuencia da entrada en vigor das novas restricións.
Segundo informaron fontes oficiais da Juefatura da Policía Local, no control establecido no Paseo de Colón comprobáronse un total de 150 vehículos con dúas denuncias por saltarse o peche perimetral sen causa xustificada ou sen a debida autorización.
Este control realizouse de maneira conxunta coa Policía Nacional.
No punto de verificación realizado pola tarde na contorna de Estribela a Policía Local de Pontevedra deu o alto a uns 300 vehículos e a Policía Local de Marín a outros 220. O seu labor foi integramente informativa polo que non se propuxo ningunha denuncia.
Ademais da capital, na área sanitaria de Pontevedra, están pechados perimetralmente Poio, Bueu, Vilanova, Vilagarcía, A Illa de Arousa, Caldas de Reis e Cuntis.