Os primeiros oles da feira taurina son para os becerristas máis novos

Pontevedra
05 de xullo 2026

A coordinadora de peñas taurinas e a empresa dos irmáns Lozano ofreceron unha becerrada que se desenvolveu cun numeroso público nos tendidos

Becerrada na praza de touros de Pontevedra

Tarde de calor, pero con todo, media praza encheu de afeccionados. Peñistas e público de todas as idades, aínda que o maior número foi do público máis novo, participaron na becerrada celebrada no coso de San Roque.

A primeira parte da convocatoria tivo como protagonista á Banda de Música de Ribadumia, que ofreceu un repertorio con pezas da historia do pasodobre.

Seguidamente até catorce mozos de Pontevedra, da provincia e chegados igualmente doutros municipios galegos demostraron os seus dotes co capote e a muleta poñéndose diante dos becerros.

Durante varias fins de semana estes participantes estiveron a aprender e practicando toureo de salón, tutelados por un mestre que facilitou a Coordinadora de Peñas Taurinas de Pontevedra, en colaboración coa empresa Lozano.

A becerrada contou co destro salmantino Marco Pérez como director de lida, quen se desprazou até Pontevedra para participar no festexo.

O novísimo matador debutará o próximo agosto na Feira da Peregrina. Será no cartel do domingo 9 xunto a Talavante e Roca Rey.

Unha vez terminada a becerrada, Marco Pérez compartiu o seu tempo co público asistente que quixo fotografarse e conversar con el.

Un xesto que achega ás figuras que fan o paseíllo na feira pontevedresa coa súa afección.