Piden que a Xunta vete a presenza de menores na becerrada do coso de San Roque

Pontevedra
29 de xuño 2026

Galicia, Mellor Sen Touradas reclama á conselleira de Política Social, Fabiola García "proactividade" contra as exposicións á violencia

Exterior da praza de touros de Pontevedra
Exterior da praza de touros de Pontevedra / Mónica Patxot

A plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas publicou unha Carta Aberta dirixida á conselleira Fabiola García, para reclamar accións desde o departamento de Política Social sobre ao acceso de menores á próxima becerrada no coso de San Roque, en Pontevedra.

A coalición explica que a convocatoria é "auspiciada polos grupúsculos taurinos da localidade e cuxo obxetivo final non é outro que exercer violencia sobre os animais nun suposto contexto de lecer"

Na misiva advirtien ademais que esta cita "se converteu nun botellón, onde a crueldade e os malos tratos animais combinan co consumo sistemático de bebidas alcóholicas".

Os abolicionistas lembran que en Galicia existe un veto parcial, isto é, unha prohibición de acceso de menores á tauromaquia até os 12 anos, o que non impide que o próximo 4 de xullo algúns poidan acudir á "becerrada" si teñen un pouco máis de idade.

Reprocha o texto que a Consellería de Política Social non se manifestou en todo este tempo achega do acceso de menores a becerradas, novilladas ou corridas de touros, cando ademais é "porta de entrada a contornas pouco apropiadas para o seu desenvolvemento moral e psicosocial".

Este colectivo remarca o "reconocible carácter minoritario" deste tipo de convocatorias na comunidade e insiste en que a pervivencia da tauromaquia e a presenza de persoas menores de idade, foi posta baixo a lupa de organismos como o Comité dos Dereitos do Neno e do Comité sobre Dereitos das Persoas con Discapacidade.

Tamén valoran como "significativo" o feito de que Política Social "ignore ou faga por ignorar" os posicionamentos do Comité dos Dereitos do Neno das Nacións Unidas de 2018, 2023 e 2026 que pon sobre a mesa a necesidade de evitar a presenza ou participación de nenos, nenas e adolescentes na tauromaquia.

Desde Galicia, Mellor sen Touradas instan a tomar as medidas necesarias para corrixir esta situación.