Primeiros trámites para a restauración do Cruceiro do Montiño, en Lérez, derrubado nun accidente

Pontevedra
30 de xullo 2023

Un vehículo derrubou o cruceiro esta semana e a Concellaría de Patrimonio Histórico recolleu as pezas e trasladounas a dependencias municipais

Cruceiro do Montiño, en Lérez, derrubado polo choque dun vehículo
Cruceiro do Montiño, en Lérez, derrubado polo choque dun vehículo / Concello de Pontevedra

Un accidente recente, co choque dun vehículo, deixou gravemente afectado un elemento patrimonial de valor como o Cruceiro do Montiño, en Lérez.

Situado no lugar de Casal Novo, foi derrubado pola forza do impacto.

Ao ter coñecemento do suceso, o Concello de Pontevedra deu orde de retirar as pezas do cruceiro que se atopaban na estrada. Estas foron trasladadas a dependencias municipais para a súa custodia a cargo da Concellería de Patrimonio Histórico.

Segundo sinala o goberno local, o servizo de arqueoloxía do Concello púxose xa mans á obra para elaborar os informes sobre os danos causados e a posibilidade de restauración da escultura.

O Cruceiro do Montiño está situado no cruzamento da estrada EP-0016 coa vía que sobe do CEIP San Bieito de Lérez. Consta dunha plataforma de tres gradues cunha base cúbica. Ten varal, capitel e cruz na que se mostra á Virxe por unha cara e o Cristo pola outra.