Primeiros trámites para a restauración do Cruceiro do Montiño, en Lérez, derrubado nun accidente

Pontevedra
30 de xullo 2023

Un vehículo derrubou o cruceiro esta semana e a Concellaría de Patrimonio Histórico recolleu as pezas e trasladounas a dependencias municipais

Cruceiro do Montiño, en Lérez, derrubado polo choque dun vehículo Concello de Pontevedra

Un accidente recente, co choque dun vehículo, deixou gravemente afectado un elemento patrimonial de valor como o Cruceiro do Montiño, en Lérez.

Situado no lugar de Casal Novo, foi derrubado pola forza do impacto.

Ao ter coñecemento do suceso, o Concello de Pontevedra deu orde de retirar as pezas do cruceiro que se atopaban na estrada. Estas foron trasladadas a dependencias municipais para a súa custodia a cargo da Concellería de Patrimonio Histórico.

Segundo sinala o goberno local, o servizo de arqueoloxía do Concello púxose xa mans á obra para elaborar os informes sobre os danos causados e a posibilidade de restauración da escultura.

O Cruceiro do Montiño está situado no cruzamento da estrada EP-0016 coa vía que sobe do CEIP San Bieito de Lérez. Consta dunha plataforma de tres gradues cunha base cúbica. Ten varal, capitel e cruz na que se mostra á Virxe por unha cara e o Cristo pola outra.