Produtos naturais e ecolóxicos invaden Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
17 de maio 2017

25 expositores amosaron no Pavillón de Deportes do municipio o mellor da súa produción na segunda edición de Naturfeira. A xornada contou con diversas actividades entre as que destacou a lectura de textos de Carlos Casares

Andrés Díaz visita Naturfeira
Andrés Díaz visita Naturfeira

O Pavillón de Deportes de Ponte Caldelas enchíase este Día das Letras Galegas de produtos naturais e ecolóxicos con motivo da celebración da segunda edición de Naturfeira, un evento no déronse cita 25 expositores que mostraron tanto elementos artesanais como froitos hortícolas.

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, achegábase ata as instalacións para comprobar as propostas dos distintos produtores procedentes de diferentes puntos de Galicia. 

Durante a tarde, aproveitando que non chovía, levou a cabo a andaina polo Sendeiro Azul do río Verdugo.

Ademais durante toda a xornada desenvolvéronse diferentes actividades de lecer e culturais con actuacións musicais e obradoiros, ademais dunha lectura de textos de Carlos Casares.