Programa especial en substitución das 'Festas dos Dolores' de Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
26 de agosto 2020

As actividades previstas comezan este xoves 27 e prolongaranse ata o martes un de setembro

Este jueves 27 la Alameda acogerá la actuación de los Mariachis de Leonardo Flores
Este jueves 27 la Alameda acogerá la actuación de los Mariachis de Leonardo Flores /

O Concello de Ponte Caldelas comeza este xoves 27 de agosto unha programación especial, adaptada aos condicionantes da situación sanitaria, para compensar a celebración dos que serían intensos días festivos no municpio en honra á Virxe das Dores. A praza de España e a Alameda, como vén sendo durante os meses estivais, son o emprazamento escollido para as propostas que se están a ofrecer, mantendo distancias de seguridade.

O público infantil será o destinatario da primeira das propostas, coa actuación musical de Pablo Díaz quen presentará o seu traballo ' Coas miñas mans'. Será o xoves a partir das 19.00 horas. O venres, ás 21.00 horas subirán ao escenario da Alameda os Mariachis de Leonardo Flores.

O sábado, ás 13.30 horas sesión vermú amenizada pola Banda de Música Cultural de Mondariz e pola noite, sesión de monólogos de humor a cargo de David Amor. Tras esta actuación ofrecerase unha sesión de música acuática na fonte luminosa de Caldelas. O domingo tamén haberá sesión vermú, á mesma hora, coa Banda Unión Musical de Tenorio. Pola noite, tamén a partir das 21.00 continúa a programación coa actuación musical de Jugoness.

Xa entrados na próxima semana, a sesión vermú do luns estará amenizada pola Banda de Música Cultural de Arcade e pola noite serán grupos de música tradicional de Ponte Caldelas quen suba ao escenario cunha proposta titulada ‘ Sons de Ponte Caldelas’. E para concluír, o martes a Banda de Música Municipal de Redondela acompañará o aperitivo e ás 21.00 completará o programa especial a Banda da Brilat.