Prohíben aparcar na rúa Antón Vilar Ponte para non bloquear as entradas ás vivendas

Pontevedra
03 de xullo 2024

Trátase dun espazo que, segundo o Concello, ata unhas semanas se empregaba como bolsa de estacionamento, un uso que dificultaba a entrada ás vivendas e causaba inseguridade aos veciños e viandantes que empregan a rúa para cruzar entre San Antoniño a Fernando Olmedo

Rúa Antón Vilar Ponte
Rúa Antón Vilar Ponte / Mónica Patxot

Reducir a inseguridade peonil. É o obxectivo co que o goberno municipal impulsou unha intervención na rúa Antón Vilar Ponte, un vial interno de uso residencial que une San Antoniño coa Rúa Altamira e con Fernando Olmedo.

Trátase dun espazo que, segundo o Concello, ata unhas semanas se empregaba como bolsa de estacionamento, un uso que dificultaba a entrada ás vivendas e causaba inseguridade aos veciños e viandantes que empregan a rúa para cruzar entre San Antoniño a Fernando Olmedo. 

O concelleiro responsable de espazos públicos, Xaquín Moreda, ordenou hai uns días o pintado de sinalización horizontal e vertical na rúa prohibindo o estacionamento.

Agora, esta actuación complementarase coa instalación de bancos e unha intervención na calzada que pretende mellorar a imaxe do espazo urbano. 

Estas intervencións, que teñen carácter temporal, realízanse mentres o Concello traballa en implementar un proxecto que mellore todo o barrio e a calidade de vida da veciñanza.