A partir deste xoves 23 de setembro quedará prohibido estacionar no aparcadoiro disuasorio situado en Mollavao, preto da ponte da autoestrada. Será só de maneira temporal, para permitir que o Concello poida realizar actuacións de rehabilitación do espazo.
A rehabilitación comezará este xoves, pero ao longo da xornada deste mércores xa quedarán instalados os valados que impedirán aparcar.
Está previsto que o aparcadoiro permaneza pechado un mínimo de tres semanas, ata que remate a actuación. O traballo da posta do xabre e a súa compactación depende en gran medida das incidencias meteorolóxicas, de modo que a data exacta de fin dos traballos non se pode coñecer.
Estes traballos son "a única fórmula para asegurar que a actuación perdure no tempo".
A actuación correrá a cargo da empresa E. C. Casas e incluirá o acondicionamento do espazo e tarefas de roza e limpeza.