Os establecementos hostaleiros da Boa Vila que dispoñan de veladores poderán manter o seu uso na rúa até as 02.00 horas, media hora máis do estipulado na normativa municipal con carácter xeral.
A concelleira de Protección e Seguridade Cidadá, Eva Vilaverde, aprobou a resolución que autoriza a ampliación do horario de retirada de veladores durante esta ponte de decembro e durante as festas de Nadal.
O Centro Comercial Urbano Zona Momunental foi a entidade responsable da presentación da solicitude, xa aprobada, que requiría a ampliación do horario para a retirada dos veladores durante estes dos períodos de tempo.
A aprobación desta solicitude tradúcese nunha ampliación do horario de trinta minutos.
Agora, os veladores poderán permanecer na rúa ata ás 02.00 horas, entre o 6 e o 10 de decembro e do 22 de decembro ao 7 de xaneiro. A Ordenanza de Veladores recolle que, con carácter xeral, os veladores deben ser recollidos ás 01.30 horas.