Promoven a creación dunha comunidade enerxética local en Ribadumia

O Salnés
24 de xuño 2024

Trátase dun proxecto colectivo en que veciños, empresas e o Concello asócianse para xestionar a súa propia enerxía, sempre que se atopen nun radio máximo de 2 quilómetros en relación ao punto de produción da enerxía fotovoltaica

O Concello de Ribadumia e a Deputación estudan a viabilidade de crear unha comunidade enerxética local
O Concello de Ribadumia e a Deputación estudan a viabilidade de crear unha comunidade enerxética local / Concello de Ribadumia

O Concello de Ribadumia estuda a viabilidade de crear unha comunidade enerxética local. 

Trátase dun proxecto colectivo en que veciños, empresas e o Concello asócianse para xestionar a súa propia enerxía, sempre que se atopen nun radio máximo de 2 quilómetros en relación ao punto de produción da enerxía fotovoltaica.

Este aproveitamento enerxético supón un considerable aforro nas facturas enerxéticas das persoas que participen desta comunidade. 

A intención do goberno local é poñer a disposición desta comunidade enerxética as cubertas dos edificios de titularidade municipal para a instalación dos paneis fotovoltaicos que xeren  enerxía renovable para o autoconsumo colectivo.

O alcalde de Ribadumia, David Castro, ven de manter unha reunión de traballo co deputado provincial, Javier Tourís, e cos técnicos da Oficina de Transformación Comunitaria + Renovables para estudar posibles apoios a este proxecto.

O desexo do alcalde é que se destine unha porcentaxe da enerxía fotovoltaica producida para ás persoas en situación de vulnerabilidade enerxética.