Propoñen que a Deputación e o Concello estuden a expropiación da praza de touros

Pontevedra
14 de setembro 2017

Galicia, Mellor Sen Touradas expón a realización dun informe xurídico sobre o estado legal do coso. Os abolicionistas propoñen unha xestión pública conxunta entre ambas as administracións

Traballos de montaxe do escenario para o mitin do PP na praza de touros
Traballos de montaxe do escenario para o mitin do PP na praza de touros

A plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas expuxo que a Deputación e o Concello de Pontevedra estuden a posibilidade de expropiar a praza de touros.

Os abolicionistas propoñen un primeiro paso, co encargo dun informe xurídico que cuantifique o custo e as posibilidades de converter o coso de San Roque nunha instalación completamente pública.

É unha expropiación que podería xustificarse, sinalan, na carencia en Pontevedra dun recinto con ata 7.600 asentos.

Esta plataforma lembra os argumentos esgrimidos polo grupo municipal Marea Pontevedra cando apuntan que o Concello  ten no seu patrimonio a doceava parte da praza de touros polo que "Galicia, Mellor Sen Touradas" sinala que o prezo para a expropiación reduciríase.

Engaden que a xestión cultural, musical e deportiva do recinto "podería recaer nunha coalición formada polo goberno local, a Deputación provincial e entes de comerciantes e veciños". Os abolicionistas están convencidos que unha praza pública multiplicaría o seu uso, creando unha maior atracción de veciños e turistas.