Propoñen unha andaina por Cambados para celebrar o Día Mundial da Actividade Física

O Salnés
02 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

A iniciativa parte do persoal do Centro de Saúde de Cambados. O inicio está previsto para o venres 5 ás 12.00 horas e o percorrido será polo centro da vila durante dúas horas

Cartel da andaina saudable prevista para o 5 de abril en Cambados
Cartel da andaina saudable prevista para o 5 de abril en Cambados

O sábado 6 de abril celébrase o Día Mundial da Actividade Física. Por este motivo, o persoal do Centro de Saúde de Cambados decidía organizar unha actividade que anime á cidadanía para realizar prácticas saudables.

Desta forma, organizan para o día previo, o venres 5, unha andaina por diferentes puntos da vila.

A actividade iniciarase ás 12.00 horas desde o edificio do Centro de Saúde, situado na avenida de Galicia, e a duración aproximada para realizar o percorrido establécese en dúas horas.

A organización sinala que non é necesaria a inscrición previa para participar e recomendan acudir con roupa cómoda.

O Concello de Cambados colabora con esta iniciativa.