O vindeiro mércores día 22 na Casa das Campás a colectivo Masa Crítica fará unha presentación para responsables dos concellos de Ponteveda, Marín, Vilaboa, Poio e tamén da Xunta da súa proposta de vías ciclistas en Pontevedra.
A máis coñecida é o carril bici de Marín, unha ruta que "ten unha continuación lóxica pola costa ata Bueu". Sosteñen que esta vía mellora a seguridade evitando o tráfico pesado da PO-546 e a alta densidade de tráfico sen beiravías da PO-551.
Tamén propoñen a ruta Combarro-Lourido-Pontevedra, cun "forte atractivo turístico" que ademais permitiría desviar da perigosa PO-308 o tránsito ciclista e acceder a praia de Lourido facilitando a mobilidade ciclista de dous municipios case unidos por vivendas.
E finalmente a vía verde a Ponte Sampaio que "aproveitando a antiga liña do tren en desuso" ofrecer unha alternativa segura á N-550 e permite o acceso a Salinas do Ulló, a Pedra Miranda e a enseada de San Simón.