Protección Civil e Policía Local de Caldas fórmanse en reanimación cardíaca

Umia
26 de marzo 2017

A acción formativa local enmárcase dentro dun programa de formación anual que arrinca neste 2017 e que conjuntará a ambos os servizos optimizando os recursos locais en favor da formación conxunta

Protección Civil e Policía Local de Caldas fórmanse en reanimación cardíaca
Protección Civil e Policía Local de Caldas fórmanse en reanimación cardíaca / Protección Civil de Caldas de Reis

Protección Civil e Policía Local de Caldas de Reis formáronse en reanimación cardiopulmonar e o uso dun desfibrilador externo semiautomático.

José Sieiro, xefe da agrupación de Protección Civil, destacou que se trata da primeira acción de formación impartida de forma descentralizada en dependencias municipais onde se forman dez voluntarios de Protección Civil e tres axentes de Policía Local.

A acción formativa local enmárcase dentro dun programa de formación anual que arranca neste 2017 e que xuntará a ambos os servizos optimizando os recursos locais en favor da formación conxunta.

María Jose Fernandez, enfermeira de emerxencias e instrutora da empresa Docentia, coordinou a formación na que participou tamén o xefe de Protección Civil como instrutor.