Con motivo do Día Mundial da Parálise Cerebral, que se celebra cada ano o primeiro mércores de outubro, numerosas persoas bailaron ao son de Álvaro Soler nun flashmob organizado polo movemento ASPACE de forma simultánea en cidades de toda España, cidades que ademais iluminaron os seus edificios e monumentos máis emblemáticos de laranxa e azul para unhas celebracións que chegaron ata o mundo dixital, enchendo de bicos as redes sociais baixo a etiqueta #besosDMPC.
A xornada deste mércores iniciouse cun baile inclusivo e participativo na praza da Ferrería onde, despois realizar a coreografía, leuse un manifesto no que reclamaron o seu dereito para formar unha familia.
Ademais as fachadas da Casa Consistorial e do Pazo Provincial da Deputación iluminarán durante esta noite as súas fachadas de azul e laranxa, as cores do movemento ASPACE, para lembrar aos seus veciños que una de cada cincocentas persoas vive con parálise cerebral.
Unha iniciativa luminosa á que se uniron outros monumentos emblemáticos como a fonte da Cibeles en Madrid, a muralla de Valladolid ou o arco de Santa María de Burgos, e recoñecidas igrexas de Segovia, Valladolid ou Zamora, entre outras.
Para conmemorar esta data, o movemento ASPACE tamén se está mobilizando en redes sociais lanzando bicos pola parálise cerebral co hashtag #besosDMPC.