Que tal saben as lapas? Os pontevedreses catan o marisco máis humilde

Pontevedra
13 de xaneiro 2016

Os alumnos do CIFP Carlos Oroza desenrolaron este mércores na Praza da Peregrina unha cata informal de lapas

Cata de lapas Mónica Patxot

Os alumnos do CIFP Carlos Oroza desenvolveron este mércores na Praza da Peregrina unha cata informal de lapas.

Este molusco dunha soa cuncha que crece pegado ás rocas é o marisco máis humilde de todos os que existen nas costas galegas, tanto que se lle trata con bastante desprezo, a pesar de ser unha especie protexida. Con todo, fóra de Galicia considéraselle unha verdadeira lambetada por ser un dos mariscos que máis sabor a mar desprende, e ter máis ferro e proteínas que un mexillón.

Algúns cidadáns que pasaron pola zona da Peregrina tiveron a oportunidade de levar a boca o produto e aportar a súa opinión sobre o mesmo que foi recollida polo alumnado nunha ficha específica.

Esta actividade está enmarcada no proxecto de innovación “Investigación e desenvolvemento de novos usos culinarios da lapa “patella spp.” no que está traballando dende hai uns meses.

Esta actividade, consistente nun panel de cata de tres variedades de lapa realizouse na praza da Peregrina. Esta análise sensorial da lapa a través da cata ten como obxectivo medir o grao de aceptación deste molusco nun consumidor potencial. Os alumnos pretenden validar o resultado do estudo de mercado realizado anteriormente como parte do proxecto, no que se realizaron enquisas a potenciais consumidores de lapa, e que deron lugar ao deseño a medida dos produtos culinarios que foron testados a través desta análise sensorial que requiría o testeo de polo menos 100 persoas para a súa validación.

Ademáis da cata informal deste mércores o panel tamén inclúe unha cata profesional na que realizarase unha análise sensorial de tres produtos culinarios realizados con lapa, na que participarán arredor de 30 hosteleiros da cidade de Pontevedra, especialmente convidados para este testeo. Esta análise sensorial será dirixida por Maruxa Quiroga de Tastelab, e se testarán aspectos como o aspecto, o olor, o sabor ou a textura das diferentes presentacións de lapa.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora