Que xoguetes deixou Papá Noel nos fogares pontevedreses?

Pontevedra
25 de decembro 2021

Papá Noel completou a súa noite de traballo e repartiu os agasallos en todos os fogares. Nunha rápida consulta polas principais xogueterías da cidade, informaron que entre os xoguetes máis demandados nas cartas a Papa Noel destacaron as figuras de acción coleccionables Superzings e tamén o peluche electrónico de Baby Yoda

Papa Noel falando cun neno en Ponte Caldelas
Papa Noel falando cun neno en Ponte Caldelas / Concello de Ponte Caldelas

Papá Noel completou a súa noite de traballo e repartiu os agasallos en todos os fogares. 

Este foi un bo ano para o sector igualando cifras do ano 2019, segundo valorou a Asociación Española de Fabricantes de Xoguetes. A pesar do incremento do custo das materias primas, o transporte e a luz, non subiron os prezos dos xoguetes, polo menos ata o de agora, igual os Reis Magos atópanse co problema.

Nunha rápida consulta polas principais xogueterías da cidade, informaron que entre os xoguetes máis demandados nas cartas a Papa Noel destacaron as figuras de acción coleccionables Superzings e tamén o peluche electrónico de Baby Yoda.

O saco de Papa Noel viaxou tamén cheo de bonecas. Foron todo un éxito as Bellies, os Bebés Llorones, Rainbow High, a Nancy e as ' minimuñecas' LOL.

Tamén os coches Monster Jam e T- Racers, o reloxo smartwatch de Kidizoom, o xogo de caixa de transporte Pokemon Carry Case e as pistas de coches Hot Wheels.

Outros clásicos que repetiron en moitos fogares foron as construcións de Lego e os relacionados con Harry Potter, Star Wars e tamén Marvel, especialmente pola película Spiderman.