Queda deserta a poxa dun solar edificable a carón da pasarela

Pontevedra
01 de agosto 2022

Finalmente quedou deserta a poxa dunha parcela urbanizable de 147 metros cadrados de titularidade municipal situada nas inmediacións do parque Amalia Álvarez. O prezo de saída era de 508.975,88 euros e a poxa era á alza

Unidade de actuación 18 entre as rúas 12 de Novembro en o parque de Amalia Álvarez
Unidade de actuación 18 entre as rúas 12 de Novembro en o parque de Amalia Álvarez / PontevedraViva

Finalmente quedou deserta a poxa dunha parcela urbanizable de 147 metros cadrados de titularidade municipal situada nas inmediacións do parque Amalia Álvarez ao carón da Pasarela do tren. 

A portavoz do goberno local de Pontevedra, Anabel Gulías, informou este luns que non se presentaron ofertas á poxa deste terreo na Unidade de Actuación 18.

O prezo de saída era de 508.975,88 euros e a poxa era á alza. 

A superficie total edificable desta parcela é duns 1.035 metros cadrados.

Agora o Concello procederá ao arquivo deste proceso.