Queres participar cun posto na Feira Franca? Debes solicitalo antes do 15 de xullo

Pontevedra
13 de xuño 2017

Para esa fin, a Feira Franca abrirá o vindeiro xoves, 15 de xuño, a súa oficina nas dependencias do antigo edificio do conservatorio de música, na rúa Alfonso XIII. Terá un horario de atención ao público de 10.00 a 14.00 horas

Feira Franca 2016
Feira Franca 2016 / Diego Torrado

Ata o próximo 15 de xullo todos os interesados en participar nas ceas ou xantares, no mercado ou na hostalería da Feira Franca deberán presentar a súa solicitude.

Para esa fin, a Feira Franca abrirá o vindeiro xoves, 15 de xuño, a súa oficina nas dependencias do antigo edificio do conservatorio de música, na rúa Alfonso XIII. Terá un horario de atención ao público de 10.00 a 14.00 horas.

Como todos os anos, a oficina canalizará peticións, preguntas e reservas de todos os particulares para preparar ceas e xantares, do mercado medieval e da hostalería que queiran montar durante a Feira Franca.

A oficina tamén dispón dun teléfono de contacto para consultar as dúbidas. É o 986 86 05 87. Tamén se poden realizar a través do correo [email protected].

Arquivado en