Queres participar nunha xornada de limpeza do río Gafos?

Pontevedra
17 de agosto 2023

A asociación Vaipolorío programa para este domingo día 20 de agosto unha nova xornada de limpeza do rio dos Gafos  

Persoas voluntarias de Vaipolorío limpando o río Gafos
Persoas voluntarias de Vaipolorío limpando o río Gafos

A asociación Vaipolorío programa para este domingo día 20 de agosto unha nova xornada de limpeza do rio dos Gafos.

Será a cuarta que organiza este verán. Lembremos que a anterior as 21 persoas que acudiron como voluntarias a esta actividade recolleron un total de 220 quilos de lixo do tramo urbano do río.

Para participar nesta xornada de limpeza hai que apuntarse chamando ao 676 842 942.

O Gafos presenta este verán un caudal preocupantemente baixo, unha circunstancia que favorece a súa limpeza pero que supón unha grave ameaza para a biodiversidade deste ecosistema fluvial. É unha situación similar á do ano pasado cando se decretou unha alerta por seca na conca do Lérez.

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora