O Concello de Ponte Caldelas celebra os datos ofrecidos polo Instituto Nacional de Estatística (INE), e que revelan unha subida na súa poboación.
Trátase, sinala o goberno local, do quinto ano consecutivo que se pecha con incremento de poboación.
En concreto Ponte Caldelas sumou 21 veciños máis durante o ano 2021 para situarse nun total de 5.575 habitantes.
Todo iso a pesar da mala tendencia da pirámide poboacional galega, que tende á perda de habitantes e ao envellecemento.
Desa tendencia tampouco escapa Ponte Caldelas a pesar do seu incremento de poboación, xa que o seu saldo vexetativo foi negativo con 30 nacementos e 73 falecementos en 2021, cifra compensada con outras inscricións no rexistro municipal.