Quirónsalud incorpora unha resonancia magnética, un TAC e un mamógrafo que reducen a radiación e o tempo de exploración do paciente

Pontevedra
14 de febreiro 2025
Actualizado: 11 de xuño

O TAC rebaixa nun 50% a radiación e obtén mellor resolución de imaxe, o que permite identificar lesións menores. A resonancia magnética e o mamógrafo dixital diminúen o tempo da exploración

Resonancia
Resonancia / Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez

O Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez acaba de incorporar ao seu Servizo de Radiodiagnóstico unha nova resonancia magnética (RM), un TAC e un mamógrafo que permitirán obter probas diagnósticas máis precisas e con menores tempos de exposición á radiación e de exploración do paciente.

Os avances tecnolóxicos como a radiografía dixital, os sistemas de imaxes 3D e a incorporación da Intelixencia Artificial permiten diagnósticos radiolóxicos máis precisos e menos invasivos para o paciente. Os novos equipos do Servizo de Radiodiagnóstico "reúnen todos estes avances, o que proporciona unha redución da radiación e os tempos de exposición, mellorando a seguridade aos pacientes, un dos nosos alicerces básicos", explica a doutora Teresa Toscano, médica radióloga, coordinadora do servizo.

Ao mesmo tempo, "obtemos mellor resolución de imaxe que nos permite identificar lesións de menor tamaño", subliña a doutora Toscano.

TAC E RM MÁIS SEGUROS

O novo equipo de TAC (Tomografía Axial Computarizada) dispón de tecnoloxía de vangarda que proporciona "mellor definición de imaxe utilizando a metade da radiación. Mesmo conseguimos diminuír a dose de contraste necesaria nos estudos que o precisan", destaca o doutor David Pereira, médico radiólogo do servizo.

TAC en Quirónsalud Miguel Domínguez
TAC en Quirónsalud Miguel DomínguezQuirónsalud Miguel Domínguez

Tamén reconstrúe "tomografía computarizada a 128 cortes, o que na práctica leva maior rapidez e resolución para identificar lesións aínda de menor tamaño, realizando cortes de 0,3 mm de diámetro" indica o especialista. A tecnoloxía TAC utilízase para o diagnóstico de enfermidades cardíacas ou cancro, accidentes cerebrovasculares, lesións, infeccións e enfermidades pulmonares, renais e gastrointestinais.

O Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez tamén adquiriu un novo equipo de Resonancia Magnética "con antenas flexibles máis cómodas para os pacientes e que nos permiten combinalas entre si para ampliar o campo de visión", explica o doutor Pereira.

Este novo equipo dispón de elementos de aceleración "que diminúen a duración de cada secuencia, o que reduce o tempo das exploracións, e está equipada para realizar reconstrucións tridimensionais combinando varias secuencias", sinala.

Incorpora novas secuencias de tractografía "que definen a dirección na que se comunican os tractos da sustancia branca cerebral, debuxando as estradas polas que viaxan as nosas sensacións, os nosos movementos e o noso pensamento", explica. A resonancia magnética é unha técnica insubstituíble na caracterización de lesións cerebrais como anomalías conxénitas, tumores, patoloxías neurodeXenerativas, procesos epilépticos, infecciosos e metabólicos.

Mamografo
MamografoHospital Quirónsalud Miguel Domínguez

MAMÓGRAFO DIXITAL

Por último, o centro hospitalario ha incorporado un mamógrafo que ofrece unha mellor experiencia para a paciente durante a exploración, xa que dispón dun sistema de comprensión que diminúe as molestias ao analizar a mama. Utiliza unha tecnoloxía dixital avanzada que ofrece imaxes de alta resolución e precisión, o que mellora a detección de pequenas anomalías e lesións en etapas temperás.

Polas súas características técnicas reduce tanto a exposición á radiación como o tempo da exploración. Ademais, adáptase a diferentes tipos de tecido mamario, o que se traduce en imaxes claras en pacientes con diferente densidade mamaria.

UNHA AMPLA OFERTA DE RADIODIAGNÓSTICO

O Servizo de Radiodiagnóstico do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez é un referente pola súa completa oferta de probas diagnósticas e un amplo equipo de profesionais formado por 4 médicos radiólogos e 15 técnicos.

Dispón dun TAC, dúas resonancias magnéticas de alto campo, un mamógrafo dixital, catro ecógrafos, densitómetro, ortopantomógrafo e dous equipos de radioloxía convencional. Unha ampla dotación tecnolóxica que xunto coa experiencia dos seus profesionais permite realizar máis de 200 probas diagnósticas diarias.