Quirónsalud Pontevedra colga as batas e celebra unha divertida cea de Nadal

Pontevedra
23 de decembro 2019

Durante unha animada celebración, renderon unha calorosa homenaxe aos compañeiros que se xubilaron en 2019: Enrique Jiménez López, compañeiro do servizo de administración, e Miguel Ángel Vázquez González, do servizo de Laboratorio

Cea de Nadal dos traballadores de Quirónsalud Pontevedra
Cea de Nadal dos traballadores de Quirónsalud Pontevedra / Quirónsalud

Os profesionais do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez, o Instituto de Neurorrehabilitación, o Centro de Rehabilitación e o Centro Médico Quirónsalud Pontevedra celebraron a súa tradicional cea de Nadal, en Finca Batacos, o pasado venres 20 de decembro.

Durante unha animada celebración, renderon unha calorosa homenaxe aos compañeiros que se xubilaron en 2019.

Óscar Alonso, xerente de Quirónsalud, entregou un recordo a Enrique Jiménez López, compañeiro do servizo de administración, e a Miguel Ángel Vázquez González, do servizo de Laboratorio.