RADIO.- A playlist de... Jorge Soto: a humanidade dun docente e dun vicerreitor

Pontevedra
22 de setembro 2018

Xa que entramos en terreo académico nesta Playlist de PontevedraViva Radio pódese afirmar que Jorge Soto, novo vicerreitor da Universidade de Vigo no campus de Pontevedra é un ser humano 'cum laude'

Jorge Soto, vicerreitor da Universidade de Vigo
Jorge Soto, vicerreitor da Universidade de Vigo / Mónica Patxot

É docente e de non ser docente... tería sido docente. E de haber outra vida, seguramente sería docente. Vive a súa profesión como un agasallo e ser o seu pupilo ten que selo tamén; se non, como chegar a ser elixido un dos mellores profesores universitarios de España. Jorge Soto Carballo ademais, é desde xuño o novo vicerreitor da Universidade de Vigo no campus de Pontevedra.

Profesionalmente acumula unha traxectoria de matrícula de honra como as notas que ía sacando e que a súa nai nunca soubo. Porque para Jorge ese listón era unha responsabilidade. Unha responsabilidade marcada pola perda. Como todas as perdas, dolorosas; pero se ademais é un pai e prodúcese cando tes doce anos, irremediablemente o compás vital cámbiache as coordenadas.

Persoal e humanamente, Jorge Soto está en parámetros similares; 'cum laude' se seguimos en termos académicos. E unindo unha e outra parte, sae como resultado unha das súas consecucións - aínda que sempre se quite méritos - que en Pontevedra estea a primeira universidade, concretamente a Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte, incluída na Rede de Escolas da Unesco.

E que deporte practica un profesor da Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte?, correr. E de novo, volve sorprender: fíxose xa dez maratóns. O undécimo pode ser para 2019; pero ata aí podo ler. Conoció a Mili hace 29 años y ambos conocieron a Pablo hace 14 y a Alba hace 9.

Ah! tamén escribe, aínda que esa lectura resérvea só para si mesmo. Quen sabe se no epílogo dalgunha das súas escrituras pon: "A vida constrúese a partir de catro cosas básicas", Jorge Soto Carballo dixit.