RADIO.- Bombeiros de Pontevedra, os alumnos do CEIP de Marcón deixáronvos os seus agradecementos en PontevedraViva Radio

Pontevedra
27 de xaneiro 2023

Escolares de 2º e 3º de Primaria do centro pontevedrés visitaron as instalacións do Parque de Bombeiros e posteriormente coñeceron a profesión xornalística en PontevedraViva e PontevedraViva Radio

Alumnos do CEIP de Marcón durante a súa visita a PontevedraViva
Alumnos do CEIP de Marcón durante a súa visita a PontevedraViva / Mónica Patxot

Alumnos do CEIP de Marcón de Pontevedra, 2º e 3º de Primaria, tiveron ocasión de coñecer como traballan os xornalistas. Fixérono cunha visita este pasado xoves 25 a PontevedraViva e PontevedraViva Radio onde con gran interese escoitaron como é o día a día desta profesión, e que é un xornal e unha radio dixital. 

A mañá foi diferente á habitual para estes escolares, xa que o centro programáralles unha excursión para coñecer o Parque de Bombeiros de Pontevedra e este medio de comunicación.

Da súa experiencia nese emprazamento deron boa conta no podcast 'Conversas na Ferrería' onde compartiron que foi o que máis lles gustou, como traballan estes servizos de emerxencias e as oportunidades que tiveron de usar unha mangueira ou subir aos seus vehículos. Mesmo deixaron ante os micrófonos os seus agradecementos a este corpo.

Podes escoitalos na ligazón que se adxunta a esta información pulsando no mesmo ou ben descargalo e oirlos noutro momento.